R engade novos móbiles Android ao seu catálogo con LG de aliado: chegan o L3 e o L5

O catálogo de terminais da galega R volve recibir unha renovación que inclúe, entre outras cousas, a chegada dun novo fabricante que se suma aos existentes Samsung, Sony e Huawei: LG.
Deste xeito, os clientes de R (ou os novos) poderán escoller dous dispositivos da serie L-style que LG presentou no pasado Mobile World Congress, o L3 e o L5.
L3
O L3 conta cunha pantalla de 3,2 polgadas, procesador de 800 MHz, cámara de 3,2 megapíxeles e 1,2 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD noutros 32 GB extra . Ademais, dispón dunha batería de 1540 mAh, que lle ofrece unha autonomía bastante superior á que estamos acostumados nos smartphones.
En canto a sistema operativo vén con Android 2.3 (Gingerbread) que non será actualizábel.
L5
Pola súa banda, o L5 é a aposta para os usuarios que queren un dispositivo “menos básico”. Así, este terminal ten unha pantalla que chega ás 4 polgadas, mentres que o procesador e a batería son os mesmos que os do seu irmán pequeno. A cámara é de 5 megapíxeles, a memoria itnterna de 4 GB (ampliábel por microSD en 32 GB extra) e vén con Ice Cream Sandwich (4.0).
En canto a prezos, pódese adquirir o L3 desde 0 € para consumos de 9 €/mes+IVE e o L5 desde 0 € para consumos de 19 €/mes+IVE.

Sobre o autor

Reply