Hoxe sae á venda en España a Galaxy Note II

Por fin se pode mercar no noso país o último tabletphone de Samsung, a Galaxy Note II, que incorpora, ao igual ca o seu predecesor, o S-Pen, aínda que desta vez con aínda máis funcionalidades.
Cun renovado deseño que recorda en certam maneira ao exitoso Galaxy S III, a Note II conta cunha pantalla HD Super AMOLED de 5,55 polgadas en formato 16:9, especial para disfrutar tanto do contido multimedia como para traballar. O seu procesador é de 1,6 GHz, a batería de 3100 mAh e comercialízase en varias versións segundo a capacidade da memoria, aínda que todas teñen ranura para microSD para poder ampliala.
Dispón de dobre cámara (8 e 1,9 megapíxeles) e estará dispoñíbel en branco mármol e gris titátium.
O novo S-Pen permite unha escritura moito máis precisa, ademais de recoñecer se queremos copiar ou colar diferente información con tan só apretar o botón. Entre as novas funcionalidades software que sacan todo o partido ao S-Pen están Easy Clip (para recurtar a pantalla), Idea Visualizer (para engadir imaxes e texto con recoñecemento de debuxos) ou Paper Artist, que inclúe unha completa gama de filtros para fotografías.
Air View (para previsualizar arquivos), Popup Note (para abrir a aplicación de notas S-Note por riba doutras aplicacións) ou Quick Command (activa aplicacións máis frecuentes co S-Pen) son outras das novidades deste interesante dispositivo.
Como comentabamos, hoxe ponse á venda nas tendas españolas (El Corte Ingles, The Phone House…) a un prezo de 659 € na súa versión libre.

Sobre o autor

Reply