Para ir por cogomelos precisas un coitelo, unha cesta e Micokey

Galiza é terra rica en moitas cousas, entre elas os cogomelos, que aínda que este ano foi moi habitual atopalos a destempo (que louco está o tempo!) teñen nesta estación o seu momento de máximo esplendor.
E como os tempos mudaron, agora podemos esquecernos de levar pesadas guías nas nosas saídas ao monte, porque temos os nosos androides para “salvarnos a vida”. Desde a nosa terra chéganos MicoKey, unha aplicación na que se recollen as 255 especies máis comúns de Galiza, aínda que segundo apunta o creador este número irá en constante crecemento en sucesivas actualizacións.
Como ben se di ao empregar a aplicación por primeira vez, esta guía software non ten que servir de ferramenta de confirmación 100%, porque pode que as nosas observacións non sexan de todo correctas e sempre é mellor, ante a dúbida, consultar a un experto na materia.
Para o proceso de identificación do cogomelo, MicoKey vainos facendo unha serie de preguntas, por exemplo se ten ou non láminas, como podedes ver nas capturas superiores. Se nalgún momento deste proceso dubidamos o que nos están a preguntar, podemos despregar a pestana de axuda, na que se nos dará máis información para que saibamos responder correctamente.
Finalmente, unha vez rematado o proceso de identificación, a aplicación amosaranos unha ficha, indicando o seu nome científico, o popular, se é ou non comestíbel e unha descrición do cogomelo acompañado dunha fotografía.
Sen lugar a dúbidas, unha ferramenta moi a ter en conta nas nosas saídas ao monte deste outono. 
Nome da aplicación: MicoKey
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.1 ou superior
Desenvolvedor: Xan Bellón
Descarga: Play Store

Sobre o autor

2 Comments

  1. fun_eu 15 Outubro, 2012 Responder
  2. xurxo 7 Outubro, 2013 Responder

Reply