Analizamos o Launcher 360, un lanzador de aplicacións diferente para o noso Android

Hoxe imos amosarvos un laucher alternativo para os vosos terminais Android, trátase do Launcher 360.

O primeiro que temos que advertir é que non vos asustedes ao ver os caracteres chineses da páxina da aplicación na Play Store, xa que está en varios idiomas (entre eles oespañol), polo que no teredes ningún problema á hora de usala.
Unha das primeiras cousas que vos aparecen nada máis instalar a aplicación, é a mensaxe que podedes ver na seguinte captura.

Con esta opción o que podedes é importar todas as iconas que usades habitualmente no voso launcher predeterminado, sen necesidade de ter que colocalos de novo un a un, o cal é unha grande vantaxe, xa que aforra tempo e esforzo.
Neste sentido, unha eiva que lle notamos foi que só nos permitía importar dende o launcher preinstalado polo fabricante, neste caso Samsung, e non atopaba o “Go Laucher” que tamén tiñamos instalado.

Logo destes axustes iniciais, o launcher queda con este aspecto, e conta con moitas utilidades que vos pode facer o día a día máis sinxelo.

Para comezar, chamounos a atención a aplicación chamada Cleaner, que vén a ser coma un task killer. É moi visual porque ao premer na icona, esta “baleirase” até o 0% para logo volver a un 50% de carga aproximadamente de cor verde, aparecendo unha fiestra confirmando os megas liberados.
Premendo “Configuración”, aparece en primeiro plano unha roda de opcións que serve de atallo para modificar opcións de redes, información da batería… (ás cales só poderíamos acceder desde axustes), chegando deste xeito antes a opcións que podemos empregar de forma máis ou menos frecuente, o cal é de agradecer.
O restos das iconas aportan información, menos útil.
Nun dos escritorios secundarios aparece esta barra que conta con moita información e que permite acender ou apagar a WiFi, son, brillo…

Premendo nos tres puntiños ao lado da incona de volume aparece o menú que amosamso a continuación, cheo de accións rápidas: modo avíón, gps, bluetooth,…

Como curiosidade, a opción de “Durmir” serve para predeterminar os segundos ou minutos que queremos que pasen até que a pantalla se apague.
No outro escritorio secundario temos unha barra que nos indica o estado da batería na que podemos destacar esa “frecha circular” que serve para matar procesos que poidan estar consumindo máis batería da precisa, podendo resultar útil cando precisamos até o último chisco de enerxía, un ben escaso nos nosos androides.

Polo demáis, coma a meirande parte dos launcher alternativos é moi configurable con pouco que vos poñades a botar unha ollada polas opcións.
O único que non nos gustou foi que, a lo menos no Galaxy ACE no que o probamos (algo xusto de hardware) ao entrar (non sempre) ás aplicacións tarda algo en cargar as iconas, aparecendo uns incómodos cadrados baleiros.
Resumindo, consideramos que é un bo launcher para usar a diario, sinxelo de empregar e moi configurable.
Nome da aplicación: Launcher 360
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.1 ou superior
Desenvolvedor:  Launcher 360
Descarga: Play Store

Este artigo foi escrito por Álvaro Mouteira Souto. Ti tamén podes colaborar enviando os teus artigos ou análises.

About The Author

3 Comments

  1. canselleiro 9 Outubro, 2012 Responder
  2. Stow Kewoto Fume 10 Outubro, 2012 Responder
  3. Toninhofj 12 Outubro, 2012 Responder

Reply