O novo Nexus ao descuberto: o novo ou un dos novos?

Moito está a dar que falar o novo Nexus estes días. Informacións contradictorias falan da posibilidade de que se presenten un ou máis Nexus e mesmo que cada fabricante poida ter o seu propio Nexus.
Explicámonos, isto quere dicir que Google obrigaría aos fabricantes a ter unhas características hardaware mínimas, a implementar Android puro… pero tendo diferentes opcións de deseño. Vamos, sería ter pure Google, con hardware potente e alternativas nas que escoller en canto a deseño. Soa ben, non?

O que pacere que pasou de rumor a realidade é o Nexus fabricado por LG, do cal apareceren unhas fotografías pola rede, que tamén publicamos hai uns días na nosa páxina de Google+. Mais agora, ademais de fotos hai especificacións técnicas, que serían as que seguen:

  • Procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro (4 núcleos a 1,5 GHz).
  • Pantalla de 4,7 polgadas, IPS e resolución HD (768 x 1184).
  • Cámara de 8 MP con flash LED e gravación full HD
  • 2 GB de RAM
  • 8 GB de memoria interna (pero modelos con máis capacidade)
  • Batería de 2140 mAh
  • A nova versión de Jelly Bean, 4.2.1
Que opinades? Credes que esta será a pinta do novo Nexus de LG ou das súas características? Haberá moitas varacións coa versión final?

Sobre o autor

Reply