Máis Nexus: novas fotos, un call center de Google e unha posíbel data de presentación

A cousa non fai máis que quentarse. Hai ganas, e moitas, de saber o que quere facer Google coa liña Nexus. Por iso os rumores e filtracións son estes dás moito máis intensas do habitual.
Hoxe recibimos 4 novas imaxes do LG Nexus, que ollo, podería tratarse dun modelo de probas e non da versión definitiva, da que xa vos adiantamos as características principais:

Pero ademais das fotos temos tamén información da posíbel data de lanzamento: sería o 29 de outubro.
Nese mesma data, tamén se presentaría o Google Nexus Call Center, un servizo a través do cal a compañía do buscador atendería telefonicamente aos clientes, resolvendo calquera tivo de dúbida.
Moito rumor ou vedes todo isto como posíbel?

Sobre o autor

Reply