Que o Galaxy S III ten unha pantalla enorme? Efectivamente. E aínda que para algúns este tipo de dispositivos sexan cada vez máis necesarios, o certo é que moitos usuarios prefiren as 4 polgadas.
Por iso desde Samsung decidiron crear unha versión descafeinada do seu buque insignia e hoxe presentan en Alemaña o Galaxy S III Mini, que prescinde dalgunhas prestacións técnicas, malia seguir sendo un terminal de gama alta.
Resumindo, estas son as prestacións que veremos no Galaxy S III Mini:
- Pantalla de 4 polgadas.
- 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD)
- 1 GB de RAM
- Cámara de 5 MP (VGA a frontal)
- Procesador Dual Core a 1 GHz.
- Android Jelly Bean (4.1)
Que vos parece?