A familia Nexus actualiza o seu software: chega a OTA de 4.1.2 ao Nexus S, Galaxy Nexus e Nexus 7

A saga Nexus (agás o Nexus One) comezaron a recibir hoxe no noso País a actualización a Android 4.1.2, unha nova versión de 4.1 – Jelly Bean.
Os cambios que presenta son menores, pero non por iso deixan de ser interesantes. Así, as principais novidades coas que nos atopamos son a posibilidade de ter o launcher en horizontal, cambios de nome nalgúns servizos (localización, …), botóns máis brillantes e a non conversión por defento de sms longos en mms.


Se non vos chegou, debería estar a piques de vos aparecer. Recomendamos que fagades a descarga a través de WiFi para non gastar datos da vosa tarifa e que a fagades cun nível aceptábel de batería ou mellor aínda conectados á rede.

Sobre o autor

Reply