Ferrol acollerá un curso de desenvolvemento de aplicacións para Android en novembro

O CIS Galicia organiza para o vindeiro mes de novembro un curso de 40 horas de desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles, orientado a desenvolvedores de aplicacións con coñecementos en linguaxes de programación (Java ou outra linguaxe orientada a obxectos).
Os contidos organízanse en 9 módulos:
  • 1. Introdución: plataformas de desenvolvemento, iOS, Android, Windows Phone e Phone-Gap.
  • 2. A plataforma Android, características xerais e entorno de desenvolvemento: Java JDK, Eclipse, Android SDK.
  • 3. Exercicio práctico. Instalación do entorno de traballo.
  • 4. Fundamentos e arquitectura das aplicacións Android: elementos fundamentais, actividades, composición dunha aplicación clásica de Android.
  • 5. Compoñentes básicos Android.
  • 6. Utilidades: acceso a bases de datos, xeorreferenciación, modelos 3D
  • 7. Caso práctico de desenvolvemento dunha aplicación
  • 8. Publicación na Play Store.
  • 9. Adaptación da aplicación a distintos dispositivos. Internacionalización.
Ofértanse 12 prazas e as clases daranse durante dúas semanas, de luns a xoves (do 5 ao 8 e do 12 ao 15)  en horario de 16 a 21 horas. O custe do curso é de 325 euros.

Sobre o autor

Reply