O estado da Terra en tempo real grazas a unha nova aplicación da NASA

A NASA vólvenos sorprender cunha aplicación para os nosos smartphones, Earth Now. Trátase dunha completa ferramenta coa que poderemos disfrutar descubrindo o estado do noso planeta en tempo real, grazas a toda a rede de satélites cos que conta a axencia espacial americana.
Así, a través de gráficos en cores e a 3 dimensións poderemos coñecer a temperatura do aire, os níveis de monóxido ou dióxeno de carbono, de ozono ou do mar e mesmo as variacións do campo mangéntico, entre outras cousas.

Sen lugar a dúbidas, unha aplicación máis que recomendábel para todos aqueles curiosos por saber o que acontece no noso Planeta Azul

Nome da aplicación: Earth Now
Prezo: Gratuíta
Requerimentos:  Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: NASA
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply