Play Music chega a España o 13 de novembro

A posta á venda dos novos dispositivos de Google (que xa podedes consultar na sección de dispositivos da Play Store) o vindeiro 13 de novembro tamén traerá consigo a ansiada chegada de Play Music, a tenda de música de Google e o servizo de almacenaxe dixital.
Como xa temos contado, Google Play Music é o servizo que permite subir á nube 20.000 cancións (as que se mercan a través da Play Store non contan nestas 20.000) e que poderemos escoitar aló onde teñamos un navegador web ou a través das aplicacións par Android.

Sobre o autor

Reply