Uniqlo Wake Up, a aplicación que che desperta con diferentes melodías segundo o tempo e o día da semana

Non todos os días son iguais e os espertares tampouco teñen por que selo. Ese é o concepto de Uniqlo Wake Alarm, unha aplicación que escolle unha melodía de piano diferente dacordo a certos parámetros, como o tempo que vai ou o día da semana que é.

O uso é ben sinxelo, basta con que programemos unha hora e a propia aplicación encárgase á hora que poñamos de comprobar que tempo fai, que día e que hora para ver con que nos esperta. 
Polo demais, como un espertador máis, permite retrasar a alarma 5 minutos máis. En canto a funcionalidades máis “raras”, ten a posibilidade de compartir en Twitter ou Facebook a información sobre a a hora, temperatura e tempo.

Cómpre salientar, que ao igual que calquera outro espertador de smartphone, non soará se o móbil queda apagado.

Nome da aplicación: Uniqlo Wake Up
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor. Uniqlo Co Ltd
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply