Onyx lanzará un smartphone con pantalla de tinta electrónica en 2013: Ola autonomía

Imaxinades que o voso smartphone ten unha autonomía dunha semana de duración? Seguramente será complicado imaxinarse tal cousa acostumados a ter que cargar os nosos teléfonos cada día.

O fabricante Onyx leva meses traballando nun dispositivo con pantalla de tinta electrónica (que empregan numerosos eBooks) e que ten varias vantaxes. Seguramente a principal sexa que poidamos sobrevivir máis tempo lonxe dun enchufe, aínda que tamén é interesante a posibilidade de ler perfectamente en exteriores, como podedes ver no seguinte vídeo.

No balanzo as desvantaxes, ademais da obvia perda de calidade de imaxe, tamén é destacábel a lentitude e menor precisión dos cambios na pantalla.
Este terminal, que aínda é un prototipo, traballa con Gingerbread (2.3). Segundo fontes da compañía, estarían traballando para que saia ao mercado en 2013.
Que opinades vós, estaríades dispostos a perder nestes aspectos para gañar en autonomía?

Sobre o autor

Reply