O novo Dual SIM de HTC chámase Desie SV

HTC vén de amosar o seu novo dispositivo dual SIM, é dicir, co que poderemos ter insertadas 2 tarxetas de diferentes operadores sen ter que andar mudando de cada vez.
Ao contrario que adoita acontecer cando se trata deste tipo de terminais, o Desire SV non escatima en prestacións. Así, conta cunha pantalla super LCD 2 de 4,3 polgadas (800 x 480 píxeles), procesador de dobre núcleo a 1 GHz (Qualcomm Snapdragon S4), 768 MB de RAM, 4 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD até 32 GB) e cámara de 8 megapíxeles.
A batería é de 1620 mAh, porta a última versión de Android (4.2 Jelly Bean) e ten Beats Audio para disfrutar do son con calidade.
Non sabemos aínda cando estará dispoñíbel en Europa, pero rondará os 330 euros.

Sobre o autor

Reply