[PECHADO] Terceiro sorteo dos #1000androidesgalegos. Un Mini PC Android pode ser teu!

Pois aquí comezamos unha semana máis cun agasallo para un ou unha de vós, o terceiro (que non derradeiro) sorteo polos 1000 androides galegos. Desta vez trátase dun MiniPC for Android 4.0, un dispositivo que analizamos hai unhas semanas no noso blogue (podedes ler aquí a review) e que sorteamos coa colaboración de Hardgalicia.
Para participar só terás que seguir 3 pasos, pero todos son imprescindíbeis, polo que prestade un pouco de atención e non deixedes de facer ningún. Ademais, a participación conleva a aceptación das regras e condicións que explicitamos máis abaixo.
  1. Seguir a Mallando no Android (@mallandroid) e a Hardgalicia (@hardgalicia) en Twitter. Hai que seguir ambas contas, non vale seguir unha e outra non.
  2. Poñer o seguinte tweet: Manda carallo, xa estan os de @mallandroid facendo spam! Quero gañar con @hardgalicia un miniPC Android! Olla como en http://ir.gl/sorteopc
  3. Moi importante: cubrir este formulario
Regras e condicións
  1. Este concurso limítase ao territorio galego, é dicir, non se farán envíos a enderezos de fóra.
  2. A elección é totalmente aleatoria.
  3. Poden participar todo tipo de contas (persoais, empresa, asociacións…), pero sempre e cando teñan actividade (a lo menos unha publicación semanal).
  4. O concurso remata o domingo 18 de novembro ás 23.59 horas.
  5. O luns 19 de novembro á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa participación asociada a cada participante. Haberá de prazo até as 17 horas dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe, por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  6. A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do luns 19 de novembro “MOD” número de participantes”.
  7. O envío corre a cargo dos organizadores.
  8. Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  9. Calquera incumprimento destas normas implicará a expulsión do concurso.
Moita  sorte e a difundir!

Sobre o autor

3 Comments

  1. Anonymous 12 Novembro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 12 Novembro, 2012 Responder
  3. Manel Villar 18 Novembro, 2012 Responder

Reply