R lanza o Sony Xperia J, a 0 € para consumos de 19 €/mes + IVE

A operadora galega R vén de engadir un novo terminal da familia Xperia de Sony, o J, que se suma aos outros Sony que xa tiña incluídos en catálogo, o S e o P.
Este novo terminal conta cunha pantalla de 4 polgadas, 16 millóns de cores e protección Gorilla Glass que evita os arañazos. O seu procesador é un Qualcomm cunha frecuencia de 1 GHz. Dispón de dobre cámara (traseira de 5 megapíxeles e frontal VGA), 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD noutros 32 GB extra. Vén coa versión de Android 4.0 (Ice Cream Sandwich).
Este smartphone pódese adquirir en R desde 0 € para consumos de 19 €/mes+IVE.

Sobre o autor

Reply