AndroidPIT presenta o Calendario de Appviento: rebaixas en aplicacións até o día 24

Xa temos falado no noso blogue da existencia de tendas de aplicacións alternativas, entre as que atopamos AndroidPIT, que nestas datas recupera unha iniciativa que xa ten feito noutras ocasións: o Calendario de Appviento
Así, desde hoxe e até o 24 de decembro poderémonos facer cunha selección das aplicacións de pago máis populares de diversas categorías (tempo, fotos, ofimáticas…) a prezo reducido, cuns descontos que chegan até o 74%.
Cada día poderase ver na súa páxina web cales son as aplicacións dispoñíbeis na promoción, sen lugar a dúbidas unha interesante iniciativa para que merquemos ferramentas para os nsso smartphones ou tablets ás que sacar proveito no 2013.
Máis info: AndroidPIT

Sobre o autor

Reply