Key Lime Pie será o nome da próxima versión de Android

Era un rumor que levábamos moito tempo mascando na rede, mais agora chéganos a confirmación grazas a unha publicación en Google+ dun empregado de Google, Manu Cornet.

Este home colgou no seu perfil a imaxe que vedes ao comezo desta entrada, na que se ve a evolución de Android nas diferentes versións, encabezada polo noso robotiño favorito comendo un anaco de tarta.
Polas datas nas que estamos, cunha revisión de Android recente, todo apunta a que será no Google I/O 2013 (arredor de maio) cando coñezamos as novidades de Key Lime Pie ou Android 5.0. Até entón podemos aventurar que novidades terá ou que novidades nos gustaría que tivese.

Sobre o autor

Reply