Lanzamos o 4º e último sorteo polos #1000androidesgalegos

Pensabades que nos esquecíamos? En absoluto, prometemos moitos concursos e aquí estamos co cuarto  e último (último, co gallo dos 1000 androides galegos eh!). Logo de ter sorteado un Android TV, unha tablet e un MiniPC Android, temos para sortear entre todas e todos vós un smartphone, concretamente o Vodafone Smart II.
Se queredes saber máis deste terminal podedes pasarvos por este outro post no que pasa pola nosa mesa de análise.
Sabemos que estades desexando saber que é o que tedes que facer para participar. Desta vez queremos aproveitar o sorteo para que cubrades unha enquisa sobre o blogue, que ten como obxetivo melloralo, ou ben que saquedes unha imaxe divertida. Vamos, que parece que é máis complicado de participar, pero veredes que non; só hai que ler cun pouco máis de atención 🙂
Hai 3 formas de participar:
  • Por Twitter
  • Cubrindo unha enquisa
  • Facendo ambas cousas e, polo tanto, tendo 2 opcións de gañar no canto de unha.
Como se consegue a participación en Twitter? Seguíndonos en @mallandroid e subindo unha foto no que apareza algo relacionado con Android, e nos citedes (citar = poñer algo con @mallandroid), claro está! E que é “algo relacionado con Android? Pois unha foto dalgún gadget co noso sistema operativo favorito, dalgún boneco Android, dalgún debuxo que fagades… ou se non tedes nada diso, na que se vexa a páxina principal do noso blogue. Doado, non?
Exemplo: Subo esta foto para o sorteo de @mallandroid! + FOTO
Como se consegue a participación pola enquisa? Pois tedes que cubrir esta enquisa. Ao darlle a “enviar” amosarásevos unha palabra clave, que deberedes introducir no formulario que ligamos máis adiante.
Unha vez que fagades a participación en Twitter e/ou pola enquisa, tedes que cubrir este formulario, o cal é paso imprescindíbel para anotarvos.
Dúbidas? Pregúntanos a través das nosas canles de contacto habituais e participa!
Regras e condicións
  1. O concurso limítase a territorios do Estado español.
  2. Cada concursante poderá obtar ao premio cunha participación (se só participa en Twitter ou coa enquisa) ou dúas (se fai ambas cousas, Twitter e enquisa)
  3. A elección é totalmente aleatoria.
  4. O concurso remata o martes 25 de decembro ás 23.59 horas.
  5. O mércores 26 de decembro á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa(s) participación(s) asociada(s) a cada participante. Haberá de prazo até as 17 horas dese mesmo mércores para enviar reclamacións á listaxe, por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  6. A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do mércores 26 de decembro” MOD “número de participantes”.
  7. Contactarese coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  8. Os concursantes cenden a Mallando no Android  os dereitos sobre as imaxes empregadas para participar no concurso. Deste xeito, Mallando no Android poderá empregar estas imaxes con fins non comerciais tanto no blogue como nas súas redes sociais.
  9. Os gastos de envíos correrán a cargo de Mallando no Android agás para as Illas Canarias e Ceuta e Melilla, no que se fará envío contrarrembolso.
  10. Calquera incumprimento destas normas anulará a participación no concurso.
  11. A interpretación destas bases, así como as accións a tomar sobre calquera outra circunstancia que puidera xurdir quedan baixo a interpretación de Mallando no Android.
  12. A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.
Moita sorte e a difundir! 🙂

Sobre o autor

Reply