As primeiras unidades das Ouya chegarán o 28 de decembro.

Xa vos presentáramos en Mallando no Android a Ouya, a consola baseada en Android froito dun exitoso programa de crowdfunding (recaudáronse máis de 7 millóns de euros fronte os 767.000 € que se consideraban necesarios) e que desde hai tempo pódese reservar por 96 €.
Agora sabemos que será a partires do 28 de decembro cando esta novidosa videoconsola comece a chegar ás casas dos que colaboraron no proxecto de crowdfunding, mentres que aqueles que a mercaron (pero non participaron desa recaudación inicial de cartos para o desenvolvemento) terán que agardar a marzo do ano que vén.
O 28 de decembro tamén se lanzará o ODK, o SDK da consola, para que os desenvolvedores poidan facer xogos pensados para a mesma.
Se queredes máis información sobre o proxecto, podedes visitar a súa páxina web 

Sobre o autor

One Response

  1. José Miguel Buján 4 Decembro, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a José Miguel Buján Cancelar a resposta