Galaxy Camera: anuncio de TV e prezos con Yoigo e Vodafone

Seguro que moitas e moitos de vós prescindides de cámara de fotos compacta por usar a cámara do voso smartphone, que sempre vos acompaña. Sen embargo en Samsung pensaron que era mellor ter unha cámara de maior calidade e dotala non só do sistema operativo Android senón tamén de conexión 3G. O mundo ao revés? Pode que un pouco, pero o aparello boa pinta tena.
Polo de agora foron dous os operadores que anunciaron a introdución da Galaxy Camera aos seus catálogos, Yoigo e Vodafone, aínda que sempre se pode mercar libre por uns prezos arredor dos 500 €.
A financiación que aplica Yoigo implica facer un pagamento inicial de 99 € e 24 mensualidades de 15 €, polo que en total sae en 459 €, uns euros máis económica que mercala directamente (ademais da vantaxe de poder pagala pouco a pouco). Iso si, habería que sumarlle algún plan de datos ou servizos de multiSIM.
Pola súa banda, Vodafone lanza a Galaxy Camera a 0 € vencellada a unha tarifa de 29 €/mes que inclúe 1 GB de navegación a máxima velocidade e cunha permanencia de 24 meses.
Apostaredes pola Galaxy Camera ou pensades que é un produto que non paga a pena?

Sobre o autor

3 Comments

  1. Toninhofj 11 Decembro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 11 Decembro, 2012 Responder
    • Toninhofj 13 Decembro, 2012 Responder

Reply