Consulta se gañaches algo na lotaría de Nadal desde o teu Android

Turrón, xuntanzas familiares… entre as moitas tradicións de finais de decembro tamén está a lotaría de Nadal, ese momento no que quen máis quen menos acaba xogando algún número, xa sexa dun décimo ou dalgunha participación que mercou por aí.
Para que poidades consultar se resultáchedes (algo) premiados, deixámosvos a ferramenta de consulta que proporciona El País (non é unha aplicación), e explicámosvos os pasos para poñela a man no voso smartphone.
1. Desde o voso navegador do móbil entrades en http://ir.gl/LoteNadal (ollo ás maiúsculas / minúsculas) e abrirásevos a páxina de consulta:
Os seguintes pasos non son precisos, mais resultan aconsellábeis para ter un acceso directo á aplicación de consulta sen ter que andar entrando na web manualmente:
2. Desde o navegador, coa páxina aberta, clicades no menú e seleccionades “gardar en favoritos” (ou “engadir a favoritos”). Aceptades.
Nota: pódese facer desde calquera navegador que teñades instalado (Chrome, Dolphin…), mais aconsellamos que usedes o predefinido de Android, por ser máis evidente este paso.
3. Saídes do navegador, e nunha das pantallas principais do voso smartphone, clicades con pulsación prolongada para acceder ao menú de widgets étc. Aí seleccionades “engadir acceso directo a favoritos” (pode mudar un pouco o nome, dependendo do modelo), e clicades no da lotaría que acabades de crear. Facendo isto, xa vos quedaría na pantalla o acceso directo, como se fose unha aplicación máis.
Con isto só nos queda desexarvos sorte se xogades algo… ah! e lembrarvos que tedes máis probabilidade de que vos toque o smartphone do concurso que temos en marcha até o día 25. Podedes consultar aquí as bases.

Sobre o autor

Reply