Coñecendo os desenvolvedores: Ángel Cereijo

Seguindo coa rolda de entrevistas, hoxe podedes ler o que nos ten que contar Ángel Cereijo.

[Androficha]

Cóntanos, como te chamas?
Chámome Ángel.
E de onde es?
Son de Noia, unha vila moi preto de Santiago de Compostela, aínda que por traballo, como moitas e moitos galegos, estou vivindo en Madrid. O traballo que adoito facer aquí é como desenvolvedor Java, aínda que Javascript, HTML e demais sempre están aí para tocar un pouco. Así que, a lo menos de momento, o traballo con Android é extra profesional.
Algún lugar onde saber máis de ti?
Normalmente pódese saber sobre min en Twitter (@amcereijo), onde comparto as cousas que me parecen interesantes sobre desenvolvemento de software, start-ups e moito máis; en Ginhub, onde subo cousas que vou probando, e, por suposto, en LinkedIn.

[Entrevista]
Canto tempo levas facendo cousas para Android? Como comezaches?

Pois tocando Android levo com cousa de dous anos. Comecei cando merquei un Samsung Galaxy S e empecei a ler a documentación online de Android. A primeira aplicación que tiña funcionalidade era un xerador de números, aleatorios ou tendo en conta estatística de sorteos para Euromillóns, non a subín ao Market, pero eu useina moito tempo.
Agora si teño unha app en Google Play e intento ila mantendo e engadíndolle cousas. Tratase dunha aplicación para consultar o saldo da túa tarxeta Ticket Restaurant, así como xestionar a conta ou buscar restaurantes asociados 

Fas aplicacións para outros sistemas operativos? Cales cres que son as vantaxes de facer cousas para Android? Cales as de outros sistemas operativos?

Pois de momento, non fago aplicacións para outros sistemas, pero xusto agora estou empezando a ver cousas no novo BlackBerry 10, vendo como facer un port dende unha app Android e tamén como facer aplicacións con Javascript e HTML5. O próximo día 15 de decembro estarei na BlackBerry Jam Session de Madrid [Nota do editor: a entrevista foi feita previa a esa data]
Que smartphones, tablets ou outros gadgets Android tes?

Pois non teño demasiados, só o meu vello Samsung Galaxy S e o recen saído Nexus 4.
Cales son as túas oito aplicacións imprescindíbeis ou favoritas? (non valen as propias!).

As aplicacións que máis uso son Gmail, WhatsApp, TweetCaster, SportsTracker, Facebook, Play Music (agora, para a música sempre acostumo a utilizar a que tivese  a miña versión/rom de Android), Firefox e, como non, Alarm Clock Plus.
Sen dúbida algunha, ás que máis tempo adico son TweetCaster, Whatsapp y Gmail, comunicación e noticias en xeral. Antes dáballe moito uso a Google Reader para ler todos os meus feeds, pero agora movinme máis a Twitter.
Cales son, ao teu entender, os principais retos de Android para os próximos meses ou anos?

Pois creo que sen dúbida, o maior reto é estabilizar as versións para romper ca “fragmentación” e intentar que os fabricantes dean un soporte mínimo para os dispositivos e non queden obsoletos.

Pódese vivir de facer aplicacións para móbiles?

Eu creo que si pode ser posible, non digo que sexa algo sinxelo pero pódese facer. Tamén depende de si o que se quere é facer aplicacións propias ou traballar facendo aplicacións para clientes. Temos que ter en mente que custou uns anos levar a vida real a internet (aos PCs), e agora hai que facer o mesmo cos dispositivos móbiles, co engadido que creo que nestes últimos teñen aínda mais posibilidades.
Que lle recomendarías a alguén que quere comezar a programar en Android?

Pois que simplemente entre na páxina de desenvolvemento de Android, prepare o seu entorno de traballo e empece a probar cousas. Logo xa é só cousa de botarlle imaxinación e adicarlle tempo.

Algo que deixes no tinteiro e queiras comentar?

A verdade é que só me gustaría comentar que me agrada moito ver este tipo de iniciativas en Galicia, para facer ver que aquí tamén se fan moi boas cousas, hai iniciativa e temos moito talento. Ademais sempre é unha alegría saber que se volvo a Galicia, terei iniciativas ás que me poder sumar e das que poder aprender.
Se ti tamén es desenvolvedor Android podes contactar connosco a través de android(at)mallando(dot)com

Sobre o autor

Reply