Xperia Z e Xperia ZL. A gama alta de Sony ten novos líderes #ces2013

Pouco duran os liderados nisto dos smartphones, e iso sábeno ben en Sony. Se até ha pouco falabamos do Xperia T como o seu buque insignia agora xa coñecemos os 2 novos dispositivos que encabezan a súa lista do “top ten”: chámanse Xperia Z e Xperia ZL.
O Xperia Z incorpora unha pantalla de 5 polgadas e resolución de 1080p, cunha densidade de 441 ppi. O procesador é un Qualcomm Snapdragon S4 Pro, de catro núcleos e 1,5 GHz. Conta con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábel por microSD. As cámaras son de 13 e 2,2 megapíxeles, segundo sexa a principal ou a dianteira.
Pero ademais, este terminal é resistente aos principais factores de preocupación, é dicir, auga, golpes e pó. Ten connectividade NFC e HDMI e dispón de 2330 mAh de batería.
Pola súa banda o Xperia ZL incorpora o mesmo hardware, mais reduce un pouco o seu tamaño e engade un pouco máis de batería, acadando os 2370 mAh.
Ambos os dous saen á venda con Jelly Bean (4.1), actualizábeis a 4.2.

Sobre o autor

No Responses

Reply