ZTE tamén quere o seu tabletphone: presentado o Grand S

Seguimos coñecendo novidades máis dos dispositivos desembarcados no CES de Las Vegas, e agora toca falar dun novo tabletphone, neste caso de ZTE. O caso é que o fabricante chinés vén de presentar a súa aposta de 5 polgadas, chamado Grand S.
Á súa pantalla FullHD de 5 polgadas hai que sumarlle un procesador Snapdragon S4 a 1,7 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de almacenaxe en memoria interna. A cámara é de 13 megapíxeles.
A capacidade da súa batería é de 1780 mAh, quizais un pouco baixa para este tipo de dispositivos, aínda que a causa principal disto é o seu deseño, xa que apenas acada os 7 mm de grosor.
O ZTE Grand S estará dispoñíbel ao longo do primeiro trimestre a 450 $ (350 € ao cambio actual), o que o fai un dispositivo moi atractivo.

Sobre o autor

Reply