Vizio presenta a súa nova 10-inch tablet

Fonte da imaxe: Gizmodo
Se contamos todas al alternativas que hai en tablets de 10 polgadas, xuntando dedos e dedas non teríamos abondo. Unha das últimas opcións en chegar é a Vizio 10-inch Tablet, presentada tamén durante o CES.
O rasgo máis significativo deste dispositivo é que inaugura os novos procesadores Tegra 4, que consegue un rendemento até 6 veces maior ca o Tegra 3. Polo demais, a súa pantalla de 10.1 polgadas ten unha resolución de 2260 x 1600, dispón de 32 GB de memoria interna, dobre cámara e conectividade WiFi. Non lle falta tampouco o porto microHDMI para compartir multimedia.
Chama a atención (aínda que a dicir verdade, sería o ideal) que xa conta desde o primeiro momento coa última versión de Android dispoñíbel, 4.2 (Jelly Bean), totalmente limpa e sen engadidos.

Sobre o autor

Reply