Os desenvolvedores poden, por fin, responder aos comentarios na Play Store

Estes días vense de habilitar unha funcionalidade moi demandada por toda aquela xente de desenvolve aplicacións para Android: a posibilidade de responder aos comentarios que os usuarios deixamos nas páxinas das súas aplicacións.
Desde logo que esta funcionalidade, demandada desde tempos inmemoriábeis, era moi necesaria, xa que debía ser frustrante para a xente que se adica a programar aplicacións atoparse con comentarios negativos de usuarios que, moitas veces, non chegaron a entender o funcionamento da aplicación.
Ábrese así a porta á comunicación bidireccional, agardamos que sirva para que o ecosistema de aplicacións sega medrando, así como tamén para que entre todos consigamos mellores ferramentas que nos axuden na nosa vida diaria.

Sobre o autor

Reply