O Galaxy Note 8 será presentado no MWC de Barcelona

A un mes de que o MWC de Barcelona abra as súas portas van aparecendo as primeiras informacións sobre os dispositivos que aló se presentarán, ademais dos innumerábeis rumores que preceden sempre a estes eventos.
Así, segundo puidemos saber, Samsung estaría preparando a presentación do Galaxy Note 8, a versión de 8 polgadas da súa tablet vitaminada, á vez que se desminte a posíbel posta en escena do rumoreado Galaxy S IV, que ficaría para a primavera.
Todo apunta a que contará cunha pantalla de resolución 1280 x 800 e procesador de 1,6 GHz (catro núcleos), 2 GB de RAM e, por suposto, soporte para o S-Pen.
Vía: 1 e 2

Sobre o autor

Reply