Chad2Win: a mensaxería instantánea coa que gañas cartos

Imaxinade que a vosa compañía telefónica no canto de facervos pagar polas chamadas vos ingresase na conta cartos por minuto consumido. Pois levado á mensaxería instantánea estaríamos a falar de Chad2Win, unha nova aplicación desenvolvida en España que promete pagar por chatear.
Inicialmente dispoñíbel para as plataformas Android e iOS, Chad2Win vai sumando á nosa conta céntimos por consumo de publicidade xerada ao tempo que mantemos conversas, é dicir, non se nos interrumpe a conversa para amosarnos un anuncio senón que nos aparecerá na mesma pantalla. As cantidades que pagan desde a compañía son:
  • 0,01 € por cada anuncio que aparece.
  • 0,03 € adicionais por abrir o anuncio.
As retribucións que se consigan pódense recibir vía Paypal ou por conta corrente a mes vencido, aínda que tamén existe a posibilidade de destinalo a algunha organización sen ánimo de lucro. Como máximo pódense consumir mensualmente uns 600 spots, é dicir, estaría limitado a 25 € de ingreso máximo ao mes por persoa.
Que vos parece esta nova mensaxería? Estades dispostos a renunciar á comodidade de disfrutar das vosas conversas sen publicidade a cambio duns céntimos?
Nome da aplicación: Chad2Win
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor: SecretM
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply