Galaxy Xcover 2, o terminal de Samsung que o aguanta "todo"


Todo, todo e todo

Así podería comezar un anuncio do novo smartphone de Samsung, o XCover 2, un dispositivo fabricado pensando nos máis aventureiros ou despreocupados pola seguridade do seu teléfono.
As características hardware deste novo terminal do fabricante coreano fan que sexa un cacharro digno da chamada gama media. Así, falamos de pantalla con 4 polgadas e resolución 800 x 480 píxeles, procesador a 1 GHz, 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna que se poden ampliar con microSD de até 32 GB. A cámara é de 5 megapíxeles, a súa batería de 1700 mAh e, como aspecto diferenciador, conta con compatibilidade con GPS e Glonass (o sistema de xeoposicionamento ruso).
Sairá á venda (non hai datas confirmadas) con Android 4.1 (Jelly Bean), imaxinamos que actualizábel a novas versións, ademais de contar coa típica capa de personalización de Samsung, TouchWiz.
Sen embargo, o que fai realmente especial a este dispositivo é que entra no estándar IP67, que garante a funcionabilidade ao sometelo a inmersións de media hora a un metro de profunidade. Tamén é resistente a rabuñaduras e golpes. Vamos, que non poderemos andar a patadas con el, pero si levalo aos nosos roteiros polo monte con total seguridade.

Sobre o autor

Reply