Leva a actualidade do SON Estrella Galicia no teu Android

Coincidiredes con nós en que unha das marcas que máis representan ao noso País polo mundo adiante é a nosa cervexa Estrella Galicia, quen patrocina os momentos musicais SON Estrella Galicia
Neste senso, dispoñen dunha sinxela aplicación na Play Store que serve de guía dos concertos que forman parte da programación de SON EG. Como vedes nas seguintes capturas pantalla, a información é básica:
Na pantalla inicial podemos escoller o mes actual, así como tamén o anterior e o seguinte, para ver a listaxe de concertos. Se clicamos nun deles ábresenos máis información (máis info sobre o grupo, lugar e hora do evento, descrición….), así como tamén a posibilidade de ver nun mapa a ubicación da sala.
Nome da aplicación: Estrella Galicia
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.1 e superior
Desenvolvedor: Estrella Galicia
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply