Milepics, Doujuns e Gpics, aplicacións de contido adulto nos nosos Android


Steve Jobs dixo unha vez que quen quixera porno debería pasar a Android. E aínda que o defunto Jobs non puido evitar que o contido erótico chegase a iOS de maneiras máis ou menos indirectas, en Android sempre fomos máis abertos de mente e deixamos que cada quen use o seu smartphone ou tablet para o que quixer.
Nesta tarde de sábado queremos falarvos de Milepics, unha gama de aplicacións pensadas para o consumo de contido erótico nos nosos terminais que ten varios puntos interesantes:
  • Actualización diaria dos contidos (cada 3 horas)
  • É de balde (soportado por publicidade)
  • Sen virus
As aplicacións, non se atopan na Play Store, debida a que Google non permite este tipo de contidos. Sen embargo, como sabedes, os nosos terminais permiten instalar aplicacións desde lugares externos á tenda oficial, para o cal debemos permitir a execución de ficheiros .apk (a extensión das aplicacións). Isto faise desde o apartado de Seguridade do menú de Configuración, seleccionando “Orixes descoñecidos”.
Basicamente distínguense 3 aplicacións: Milepics, Doujins e Gpics; todas elas comparten a posibilidade de sincronizar as imaxes favoritizadas entre varios dispositivos (unha vez rexistrados cun correo electrónico), valoralas, descargalas ou compartilas a través de Twitter.
Milepics

A primeira das aplicacións recolle imaxes de diferentes tipos de mulleres, así como tamén de sexo heterosexual e homosexual feminino, todo ilo organizado nun amplo abano de categorías, onde tamén figuran en destaque as imaxes máis populares ou máis compartidas por outros usuarios.

 Doujins

É a aplicación na que atopamos libros de hentai, categorizados por temáticas pero tamén por idioma no que están escritas as historias, para que resulte moito máis doado dar co contido desexado

Gpics
Finalmente, Gpics é a aplicación orientada ao contido homosexual masculino, con imaxes de diferentes tipos de modelos masculino e sexo entre homes. Neste sentido resulta moi similar a Milepics.
Como vedes, na variedade está o gusto, e desde Milepics quixeron que cada usuario tivese acceso á aplicación co contido que máis lle gustase.
Saúde!
Nome da aplicación: Milepics / Doujins / Gpics
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: Milepics
Descarga: Milepics (ficheiro apk) / Doujins (ficheiro apk) / Gpics (ficheiro apk)
Máis información: Milepics / Gpicsapp

Sobre o autor

Reply