BQ introducirase no mundo dos smartphones cun dual sim

A empresa española Bq, da que xa temos falado pola súa liña de tablets de prezo competitivos, acaba de anunciar a súa intención de lanzar a comezos do mes de marzo un smartphone, que sería distribuído a través da súa tenda en liña e da cadea de tendas de electrónica MediaMarkt, por nada máis e nada menos ca 179,90 €.
Aquaris, o nome comercial deste novo dispositivo, contará cunha pantalla de 4,5 polgadas IPS con resolución de 960 x 540 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 1 GB de RAM, 4 GB de almacenaxe interno ampliábeis por microSD de até 32 GB) e cámara de 8 megapíxeles.
A batería será de 1600 mAh e contará con Dual SIM, é dicir, a posibilidade de traballar con dúas liñas diferentes no mesmo dispositivo. Especúlase que sairía á venda con Jelly Bean, aínda que este é un dato por confirmar.
Como podedes observar, trátase dun dispositivo que, polo menos sobre o papel, presenta unha relación calidade – prezo case que inigualábel. Podería ser este o voso próximo dispositivo?

Sobre o autor

Reply