Filtracións apuntan ao lanzamento dunha revisión da familia L-Style de LG

A dúas semana de que arranque o Mobile World Congress 2013, as filtracións volven a acaparar a nosa atención. Neste caso trátase dos coreanos de LG, quen estarían preparando unha revisión da súa familia de dispositivos do 2012, é dicir, unha renovada gama L-Style.
Así, un novo Optimus L3 II contaría con pantalla de 3,2 polgadas (resolución 320 x 240 píxeles) e cámara de 5 megapíxeles, mentres que o Optimus L5 II tería confirmadas as 4 polgadas (resolución 800 x 480), procesador mononúcleo a 1 GHz e Android Jelly Bean como sistema operativo de partida. Como podedes aprezar non se trata de grantes cambios, máis aló dunha mellora de resolución, cámara ou versión máis renovada do sistema operativo.
Pola súa banda, o Optimus L7 II incorporaría pantalla de 4,3 polgadas (resolución 800 x 480), procesador de 1 GHz, Android Jelly Bean, 768 MB de RAM, cámara de 8 megapíxeles e batería de 2460 mAh. Ademais serviríase en dobre versión, unha das cales contaría con dualSIM, aínda que descoñecemos se a súa distribución sería global ou estaría pensada só para algúns países.
De confirmarse todos estes datos veríamos que LG seguiría na liña de terminais de entrada e non tanto pensando nos usuarios que demandan máis potencia… iso a menos que garden algún as na manga a desvelar durante o evento ou en posteriores ocasións ao longo do ano.

Sobre o autor

Reply