Asus pon á venda o novo MeMo Pad Smart 10 o 15 de febreiro

Non hai moito falámosvos da MeMo Pad, a nova tablet de Asus de 7 polgadas, da que hoxe descubrimos a súa versión “grandota”. Falamos da MeMo Pad Smart 10, que sairá á venda no noso país o 15 de febreiro.
Dispón dunha pantalla de 10,1 polgadas con resolución 128 x 800 e brillo de 350 nits, que ofrece 170º de visión. Incorpora un procesador Tegra 3 de 4 núcleos, 16 GB de memoria interna que poden ser ampliábeis por microSD de até 32 GB e 1 GB de RAM. Conta con dobre cámara, de 5 e 1,2 megapíxeles para traseira e frontal respectivamente
O deseño tamén foi coidado neste dispositivo, acadando un perfil de 9,9 mm e 580 gramos de peso. Pola súa banda, o sistema operativo é Android Jelly Bean (4.1) actualizábel, ademais de incorporar toda unha gama de aplicacións propias de Asus (SuperNote Lite, WebStorage Office, App Locker, App Backup)
En canto a dispoñibilidade e prezo, como xa vos comentamos, estará dispoñíbel desde o próximo venres 15 de febreiro a 329 €. Ademais tamén se comercializa a Folio Key, unha funda que se pode mercar á parte e que incorpora teclado Bluetooth cun mes de autonomía.

Sobre o autor

Reply