Nike non está traballando na aplicación Android, por agora

Onde dixen digo, digo Diego. Ese podería ser o resumo do que Nike ten previsto facer coa súa Nike+ Fuelband, o gadget para seguemento da actividade deportiva.
Nun principio, respondendo á pregunta dunha usuaria, desde Nike aseguraron que estaban a traballar nunha aplicación para Android mais, estes días afirmaron o contrario. Nunha escueta nota, aseguraron que “para ofrecer a mellor experiencia para os usuarios de Nike+ Fuelband” estaban a centrarse en “ofrecer unha experiencia conxunta entre iOS e a web de Nike” e que “non estaban a traballar na versión Android
Semella que a estas alturas aínda hai empresas que non son conscientes do auxe de Android, un sistema operativo que xa domina máis do 80% do mercado dos smartphones en España.

Sobre o autor

Reply