Todo o que sabemos, até agora, do novo terminal de HTC

En HTC andan para presentar un novo terminal que faga de buque insignia, ao que inicialmente coñecemos como HTC M7, pero que segundo parece podería continuar a liña da serie One. Chame o que se chame, o que si é certo é que vai ser presentado nun evento en New York o vindeiro 19 de febreiro.

Dos datos que se foron filtando destaca sobre todo a súa cámara, que conta cun novo sensor de ultrapíxeles, cuxo modo de funcionamento é a través de 3 capas de sensores de 4,3 megapíxeles, cada un deles centrado nunha canle de cor que logo se combinan facendo unha imaxe que suma 12,9 megapíxeles.
O resto de características van na liña do que é a definición de gama alta no panorama Android de hoxe en día: pantalla grande (4,7 polgadas a 1080p), procesador de catro núcleos a 1,7 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna.
Para ir abrindo boca, desde HTC fixeron públicos 5 vídeos teaser de 4-5 segundos cada un, nos que se poden ver algunhas das liñas.

En canto a dispoñibilidade e prezos está prevista a súa chegada ás tendas para o mes de marzo, cun prezo que rondará os 650 euros.

Sobre o autor

Reply