Un tabletphone de 36 euros

Xa non é a primeira vez que falamos de dispositivos con prezos escandalosamente baixos, pero é que desta vez superáronse: nada máis e nada menos que 36 euros polo dispositivo do momento: un tabletphone.
Estamos a falar do Mugu S1, un dispositivo que chega desde a China e que conta con pantalla de 5 polgadas. Malia todo, como podemos agardar, as características técnicas son básicas de todo. Así estamos a falar dun procesador mononúcleo a 1 GHz, 256 MB de RAM e dobre cámara, de 2 megapíxeles  principal e VGA a dianteira.
Mención á parte merece a batería, de 2000 mAh, que de seguro dálle unha autonomía máis ca interesante, sobre todo se temos en conta que polas súas características técnicas o consumo enerxético ha ser baixo.
Como podedes imaxinar, non está previsto que este dispositivo saia á venda fóra da China, aínda que sempre hai métodos para mercar nese tipo de países.

Sobre o autor

5 Comments

  1. Stock Nexus 4 14 Febreiro, 2013 Responder
  2. Iago Varela Martínez 14 Febreiro, 2013 Responder
  3. Stock Nexus 4 15 Febreiro, 2013 Responder
  4. Nemigo 15 Febreiro, 2013 Responder
  5. Brainzum 19 Febreiro, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Nemigo Cancelar a resposta