O Xperia Z chega a España coincidindo co Mobile World Congress

O Xperia Z, un dos terminais máis agardados da gama alta de Android e unha das grandes apostas de Sony para este 2013, ponse á venda en España o próximo luns, coincidindo coa data de apertura oficial do Mobile World Congress.
As primeiras unidades poranse á venda nas Sony Store de Madrid e Barcelona, por un prezo de 669 €/unidade, sendo agasallados os primeiros en facerse con el cun altofalante inarámico NFC.
O Xperia Z conta cunha pantalla de 5 polgadas de gran resolución (Full HD 080p Reality Display), procesador de 4 núcleos Snapdragon S4 e cámara de 13 megapíxeles. Pero sen dúbida o que fai máis peculiar é que resulta altamente resistente ao incluír unha proteción antiquebraduras, antirabuñadas e de resistencia á auga, cumprindo os estándares IP55 e IP57, algo novidoso nun smartphone de alta gama.

Sobre o autor

Reply