R lanza o Samsung Galaxy S III Mini

Como xa temos comentado, o actual terminal de referencia de Samsung, o Galaxy S III, ten un irmán pequeno, unha versión que mantén o estándares de calidade pero que reduce algunhas das súas características para facelo tamén accesíbel a máis petos. É o Galaxy S III Mini.
Este terminal ten unha pantalla de 4 polgadas Super AMOLED WVGA, con resolución 480 x 800, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, cámara de 5 megapíxeles, 8 GB de memoria interna (4 dispoñíbeis para o usuario) que poden ser ampliados por microSD de até 32 GB, así como unha RAM de 1 GB.
Corre Android 4.1 Jelly Bean e a súa batería é de 1500 mAh. A operadora galega pono a disposición dos seus clientes desde 0 € para consumos de 39 €/mes + IVE. Máis info

Sobre o autor

Reply