Xperia Z e Tablet Z, as grandes apostas de Sony no 2013

Sony foi unha das marcas das que máis se falou no Mobile World Congress, a pesar de que coñeciamos os dispositivos que trouxeron a Barcelona. E non é para menos, xa que no último ano conseguiron posicionarse como referentes no sector de smartphones con produtos de gran calidade como os Xperia S, J, P ou T. Para este ano, a lo menos, para os primeiros meses, os referentes serán o Xperia Z e a Tablet Z, dous produtos dos que están ben orgullosos. E razóns, non lles faltan.
A Tablet Z chega batendo marcas, para comezar, o liderado de poder dicir que é a tablet máis delgada do mundo, cun grosor de tan só 6,9 mm, que podedes crer que nun produto como unha tablet é moi notorio. O seu deseño resúmese nunha palabra: precioso. Fixeron do sinxelo un produto de gran calidade, incluíndo OmniBalance para suavizar os bordes e superficies reflectantes.
Pero non só é iso o bo que ten esta tablet. A súa pantalla é de 10,1 polgadas con resolución 1920 x 1200 píxeles con Mobile BRAVIA Engine 2 e proteción que lle outorga gran durabiliade. O seu procesador é un SnapDragon S4 Pro de catro núcleos a 1,5 GHz, ten 2 GB de RAM e até 64 GB de memoria interna, ampliábeis con tarxetas microSD.
Incorpora dobre cámara, de 8 megapíxeles con sensor Exmor R a principal e de 2 megapíxeles a frontal.

Pero ademais é resistente á auga, podendo seguir disfrutando do consumo de contidos sumerxida (vídeos, música… ), aínda que non responde ás peticións táctiles até que se saca á superficie. Tamén é resistente ao pó (e quen di pó, di a enterrala en area), xa que cumpre cos estándares IP55 e IP57.
Vén con Android 4.1 Jelly Bean e unha serie de aplicacións Sony, como as típicas multimedia (Walkman, Películas e Álbum), que dan acceso a Music Unlimited e Vídeo Unlimited, os servizos multimedia on demand de Sony.
Estará dispoñíbel con diferentes conectividades (WiFi ou WiFi + 3G/4G), iso si, todas con NFC, que permite a identificación, o pagamento ou a compartición de multimedia coa infinidade de produtos compatíbeis.

Ademais, xunto a ela, comercializaranse diversos accesorios, nos que se inclúen fundas ou bases de carga. Poderase mercar por separado ou nun pack co Sony Xperia Z, aínda que non trascenderon os prezos.
Sony Xperia Z

Pouco podemos engadir do Xperia Z que non tivésemos comentado xa, mais aló de que, como anunciamos no blogue a semana pasada, púxose á venda o luns no noso país.
O mesmo que vimos coa tablet é aplicábel ao smartphone: bo deseño, bo rendemento e durabilidade. Resistente ao pó e a auga, como podedes ver nas imaxes e vídeos que temos nesta entrada.
Lembrámosvos que o prezo deste terminal é de 649 €.
Espectáculo Sony
Para dar a coñecer os produtos Sony organizou un acto bastante chulo no que Xperia Z e Tablet Z foron os protagonistas. Así, as medallistas olímpicas de natación sincronizada Andrea Fuentes e Ona Carbonell interpretaron a coreografía “Tango”. 


O obxetivo deste espectáculo non foi máis ca demostrar a resistencia e a conectividade dos terminais presentados. Botádelle un ollo ao vídeo:

Sobre o autor

Reply