Fujitsu iniciou o ano, tecnoloxicamente falando, cunha intención clara: traer os seus smartphones a Europa, ademais das tablets que xa están comercializadas. Malia todo, a súa intención non é entrar de calquera xeito, senón focalizándose nun público concreto: as persoas maiores.
Así foi como xurdiu o Stylistic S01, un dispositivo que se comercializará no vello continente xunto a Orange a partir de xuño, e no está pensado até o último detalle. Así, por exemplo, algo que chama a atención cando o usamos é que, ademais de contar cunha interface simplificada en botóns grandes, precísase facer unha presión superior á habitual para que funcionen, simulando un teclado físico convencional.
Tamén dispón dun botón de pánico / emerxencia que fai que comece a soar unha alarma con alto volume, por se o usuario se atopa mal e quere alertar á xente que haxa arredor nese momento.
Polo demais, o dispositivo conta con características técnicas semellantes a outros terminais Android, como pantalla de 4 polgadas, dobre cámara (8,1 e 0,3 megapíxeles) , memoria de 4 GB ampliábel por microSD e Android 4.0 (Ice Cream Sandwich).
A batería é de 1800 mAh e conta coas especificacións IPx5 / 8, IP5X de resitencia a auga e pó.
A nós pareceunos moi interesante este movemento de centrarse nun público específico para tratar de facerse oco nun mundo cada vez máis competitivo. Que opinades vós?
Persoalmente quedei impresionado cos produto de Fujitsu, e polo pesados que eran os responsables que me pediron a tarxeta catro ou cinco veces 🙂
O teléfono e realmente interesante para a xente maior, pola súa sinxeleza de manexo e a súa resistencia, que si logra saír con un prezo contido terá o seu nicho de mercado.
Chamoume moito tamén a atención unha tablet Fujitsu de 10 polgadas super lixeira, menos que o Xperia Tablet Z, e a tecnoloxía para desbloquear un teléfono coa pegada dactilar, parece ciencia ficción.
vexo alarmas desas sonando sen querer todo o dia jajajja