HP presentou Slate, a súa tablet de 7 polgadas

Malia que a incidencia de HP no mundo das tablets (Windows 8) é moi escasa, o tradicional fabricante de ordenadores e accesorios de informática tamén quixo aventurarse no mundo Android, presentando no Mobile World Congress a Slate 7, un dispositivo que chega para competir no sector das 7 polgadas.
Ademais de pantalla HFFS de 7 polgadas, a Slate 7 dispón de procesador dual core Cortex A9 a 1,6 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, que son ampliábeis con tarxetas microSD de até 32 GB. Tamén incorpora dobre cámara, a traseira de 3 megapíxeles e a frontal unha VGA.
Como sistema operativo conta con Android 4.1 Jelly Bean, totalmente limpo, polo que a experiencia case é comparábel a unha Nexus 7.
Estará dispoñíbel en toda Europa a partir de maio cun prezo de 149 €, que sen dúbida é realmente competitivo

Sobre o autor

Reply