Andy Rubin deixa Android, sutitúeo Sundar Pichai

Google vén de anunciar nunha nota asinada polo CEO Larry Page que Andy Rubin, quen fora director de Android, vén de deixar o cargo para adicarse a outras cousas, pero dentro de Google.
Page retrocedeu ao 2004 para lembrar como Sergey Brin e el mesmo coñeceron a Andy Rubin, quen lles contaxiou a idea da necesidade dun sistema operativo open-source para móbiles, o que hoxe en día é Android.
Android é na actualidade o sistema operativo móbil máis empregado e conta con máis de 60 fabricantes involucrados no proxecto. As cifras globais falan de máis de 750 millóns de dispositivos activados e máis de 25 mil millóns de aplicacións descargadas desde a Play Store
O sustituto de Rubin será Sundar Pichai, coñecido polo seu traballo na sección de Chrome e Apps, onde até o de agora ocupaba a vicepresidencia. Todo parece indicar que seguirá a manter este cargo e que o compaxinará coa dirección de Android, o que podería dar pé a especulacións sobre unha fusión de sistemas operativos (Android / Chrome OS) a medio prazo.
Avecíñanse novos tempos en Google? O tempo no lo dirá

Sobre o autor

Reply