Jeff Huber, director de Google Maps, deixa o seu cargo para pasar a Google X

Levamos 2 días de cambios de gran relevancia en Google. Primeiro foi o anuncio do abandono de Andry Rubin da dirección de Android para traballar noutros proxectos dentro de Google, sendo sustituído por Sundar Pichai, quen até o de agora ocupaba a vicepresidencia de Chrome e que a partir de agora compaxinará ambas responsabilidades.
Jeff Huber
Poucas horas máis tardes chegaría a sorpresa co peche de Google Reader, e hai apenas uns minutos coñecemos a ?última? das novas de cambios en Google: o abandono de Jeff Huber da dirección de Google Maps.
Segundo informou o propio Jeff, a partir de agora pasa a formar parte de Google X, ese misterioso laboratorio de ideas de onde saen ideas tolas que acaban sendo convertidas en servizos ou produtos innovadores. 
O cambio viría motivado porque desde Mountain View decidiron dividir as seccións Maps e Commerce, quedando a primeira integrada en Google Search, que estará dirixido por Alan Eustace
Alan Eustace
Semella que desde o xigante de Internet están a facer unha restruturación importante dos seus servizos e que nas próximas semanas ou meses asistiremos a importantes novidades. Ficaremos ben atentos para ver que están tramando esta vez os de Mountain View.

Sobre o autor

Reply