Pecha Google Reader

Google acaba de anunciar o peche de Google Reader, un dos principais servizos de lectura de feeds que existen na actualidade e que levaba funcionando 8 anos.
Segundo afirman desde Google son 2 as razóns que levan a tomar esta decisión:
  • A caída de uso
  • A centralización da actividade noutros servizos nos que están a traballar os de Mountain View.

O peche definitivo será o vindeiro 1 de xullo. Mentres tanto, pódese exportar todo o contido de Google Reader (datos, suscricións…) usando a ferramenta Google Takeout.
A nós parécenos unha mala nova e ficamos espectantes a ver se nos próximos días temos unha explicación máis convincente.

Sobre o autor

Reply