Google Reader desaparece da Play Store, pero deixámosche o ficheiro apk

Pouco ou nada tardou Google en retirar a aplicación de Google Reader da Play Store, onde xa non está dispoñíbel para a súa descarga.
E malia que nos debemos de ir acostumando a usar outras alternativas (aquí temos unhas cantas), se precisades a aplicación até o 1 de xullo, cando deixará de funcionar o servizo, deixámosvos aquí o ficheiro *.apk que podedes instalar no voso Android.
Lembrade que para poder instalar unha aplicación co ficheiro apk debedes ter activado o “orixes descoñecidos”, na pestana de seguridade do menú de axustes.
Ligazón á descarga (*.apk)

Sobre o autor

Reply