Secure Work Space de BlackBerry tamén para Android

BlackBerry confirmou estes días que achegará a outras plataformas (nomeadamente Android e iOS) a súa solución Secure Work Space, que permitirá manter no mesmo dispositivo dous entornos de traballo, un profesional e outro persoal.
Este servizo estará dispoñíbel nunha actualización do BlackBerry Enterprise Service 10, que incluirá aplicacións de correo electrónico seguro, calendario, contactos, tarefas, navegación web e edición de documentos. Pero sen dúbida a funcionalidade que máis chama a atención é BlackBerry Balance, que permite manter a separación total de datos e aplicacións persoais / profesionais, para estar libre de riscos.
Está previsto que esté dispoñíbel a nível global a finais do segundo trimestre do 2013, pero as probas xa están nunha beta bastante avanzada.
Pasará o futuro de BlackBerry por prover servizos de seguridade para terceiros?

Sobre o autor

Reply