Estes son os accesorios do Galaxy S IV

Os accesorios móbiles están a cobrar cada vez máis importancia pero non sempre os fabricantes ofrecen unha gama completa para os seus produtos. Isto non ten por que ser un problema, pois existen diversas tendas e fabricantes especializados nestes produtos, que fan algúns adaptados aos móbiles máis exitosos e outros xenéricos para achegarse a dispositivos das mesmas dimensións.
Samsung quixo aproveitar a presentación do seu novo Galaxy S IV para dar a coñecer unha serie de accesorios que pasamos a introducirvos:
Flip Cover / Pouch Cover / S View Cover / Protective Cover+
As dúas primeiras son as menos novidosas; as flip son as que denominamos “tipo libro” e contarán cunha completa gama de cores, mentres que a pouch é a clásica de meter dentro.
Un novo concepto é a S View Cover, cuxa dispoñibilidade está confirmada en branco ou negro, m semellante á flip pero cuxa principal diferenza é que mantén unha zona aberta para poder ver o reloxo e a barra de notificacións sen ter que abrila.
Finalmente, a Protective Cover+ cubre os latareis e a parte traseira
Auriculares
Tamén deron a coñecer uns novos auriculares (descoñecemos se virán na caixa co terminal, pero todo apunta a que serán para mercar á parte), dos que non comentaron datos técnicos, senón un subxetivo “teñen boa calidade de son”. Lóxico…
Cargador para batería extra
Como xa comentamos, o S IV permite extraer a batería para mudala por outra. Se queremos máis autonomía, poderemos facernos con este cargador de parede case que de deseño, e que incluirá no pack de venda unha batería de 2600 mAh.
Cargador inarámico
Outra das peculariadades do S IV é que permite a carga inarámica. Para ilo Samsung ofrece esta base de carga, baseada na tecnoloxía iQ.
GamePad
Os máis xogóns gustarán deste accesorio que permite convertir o móbil nunha auténtica consola portátil. Como podedes ver na imaxe está todo pensado: a suxeción do terminal, diferentes botoneiras…
S Band / HRM / Body Scale
Comezando cos accesorios para unha vida saudábel, toca falar do S Band, unha pulseira que se conecta por Bluetooth e que permite levar a conta de pasos, calorías… todo a través da aplicación S Health, incluída de serie no terminal.
A HRM serve para controlar a frecuencia cardíaca e está pensada para usar mentres se fai deporte. Envía por Bluetooth os resultados á aplicación Running Mate.
Finalmente, Body Scale vén a ser unha báscula intelixente. Basicamente serve para controlar o noso peso, para o que envía por Bluetooth os resultados a S Health.
Agora toca agardar que se confirmen os prezos, pero ten trazas e que baratos, baratos, non han ser.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 20 Marzo, 2013 Responder
  2. Vítor 20 Marzo, 2013 Responder

Reply