Unlock Your Brain: exercita a túa mente en cada desbloqueo

Cantas veces ao día miras o teu smartphone? Seguro que unha chea delas, polo que pode ser unha boa oportunidade para exercitar o teu cerebro cunha aplicación como Unlock Your Brain.

Basicamente o que fai é propornos unha pequena conta, en principio sumas, pero que podemos ir mudando (restas, multiplicacións, divisións…) previo a cada desbloqueo, que debemos acertar entre varias opcións para poder acceder á pantalla de inicio.

Cómpre sinalar que é totalmente compatíbel con outros métodos de seguridade que teñamos configurados, como pode ser o patrón de desbloqueo, en cuxo caso aparecería ao resolver a conta.

Nome da aplicación: Unlock Your Brain
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor:  UnlockYourBrain
Descarga Play Store

Sobre o autor

Reply